mércores, 22 de decembro de 2021

BOAS FESTAS!!!

Non en todos os lugares do mundo se celebra o Nadal, ou de celebralo poden facelo de distintas formas, xa que esta festividade está unida ao cristianismo. A primeira que se celebrou en América foi en 1492, debido á visita dos españois.
Algúns lugares, que están no hemisferio sur, estas festas  conmemóranas rodeados de calor e praias. 
Seguindo as distintas rutas, cada unha das aulas percorreron o Nadal, ou no seu defecto, as tradicións propias dos distintintos países visitados. Hai variedade: danzas, tradicións, explicacións do novo descuberto. Non hai desperdicio.
 
 
BOAS FESTAS E MELLOR ANINOVO!!!
 

 


 

sábado, 18 de decembro de 2021

DÁNDOLLE COR AO NOSO MUNDO

 
Para iniciar o noso Proxecto decidimos pintar o mundo,  nunha tarefa na que participou toda a escola. Houbo espazo para todos, dende infantil até 6º; e máis de un foise para casa cos calcetíns coloreados. Ao principio parecía algo complicado, máis coa colaboración de todos, ao final, estos foron  os resultados.
 
 
 






Para ver máis fotos clica neste álbum: Dándolle cor ao mundo


venres, 17 de decembro de 2021

@S NEN@S DE 6º DE INFANTIL LEVARON TODO O TRIMESTRE A INVESTIGAR SOBRE O CONTIENTE AFRICANO.  NESTE VÍDEO INFORMATIVO RECÓLLENSE OS DATOS MÁIS IMPORTANTES QUE DESCUBRIRON DE ÁFRICA. PODEDES VISITAR O SEU CORREDOR, NO QUE  VEREDES O MURAL QUE ELABORARON COS ACCIDENTES XEOGRÁFICOS MÁIS IMPORTANTES E ACCEDER Á INFORMACIÓN DO VÍDEO MEDIANTE O CÓDIGO QR.





venres, 10 de decembro de 2021

DESTINO NORTEAMÉRICA

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria teñen todo listo para a súa viaxe por Norteamérica

Durante este trimestre crearon unha WEB onde van contando todos os seus traballos relacionados co proxecto, como por exemplo:  a maleta de  Pacho, os continentes, o avión, documentos necesarios para viaxar.... incluso contan como se celebra o Nadal neste continente. 

Pincha na foto e navega pola súa WEB:



venres, 3 de decembro de 2021

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE

Aprendemos coas diferenzas.

Por que non iniciar a nosa particular volta ao mundo coñecendo persoas diferentes en distintos lugares do Planeta?

Estamos rodeados de diferenzas coas que vivimos e aceptamos.

Tamén neste caso, é necesario coñecer para comprender.

 

Hecho con Padlet