xoves, 17 de febreiro de 2022

VÍDEOS DE TECNOQUINTO SOBRE ÁFRICA OCCIDENTAL.


Hugo Garrido, Noa e Eric nos explican a documentación xeral necesaria para viaxar ós países do continente africano.


Unai, María, Olalla e Thiago cóntannos diferentes curiosidades relacionadas con África: animais, músicas, vestimenta, etc.


Gara, Brais, André e Javi infórmannos do relevo africano.


Álex, Nadia, Antía e Iker cóntannos como preparar a equipaxe para esta viaxe. 


Hugo Garrido, Yago e Efrén expóñennos o itinerario que imos percorrer polo occidente africano e os medios de transporte que podemos utilizar para levalo a cabo.


Xa estamos preparad@s!
Unha viaxe é unha aventura. A desfrutala!

 

domingo, 13 de febreiro de 2022

DESTINO NORTEAMÉRICA

 

Tras aprender sobre os mapas e as coordenadas xeográficas, localizar os países aos que queremos viaxar, elixir o medio de transporte, arranxar a maleta e tramitar os pasaportes...CHEGOU O MOMENTO DE INICIAR A NOSA AVENTURA!!

En 6º estamos xa percorrendo  Norteamérica e aprendendo sobre este fascinante recuncho do planeta:


AS 500 MILLAS DE INDIANÁPOLIS

domingo, 6 de febreiro de 2022

O alumando de 4º preparou as maletas destino: ASIA!

Como puidestes ver nas últimas entradas, as diferentes clases de Leirado puxeron rumbo, da man de Pacho, aos diferentes continentes!
No caso de 4º de primaria compartimos continente cos nosos compañeiros e compañeiras de 3º de primaria; ASIA.
Velaquí un pequeniño recopilatorio dO noso inicio de viaxe....


                                

A partires de aquí puxémonos a investigar moito sobre eses países...



E iniciamos a construción do noso mural...




No seguinte enlace poderedes atopar as presentacións que fixeron os alumnos e alumnas de 4º coa información necesaria para poder viaxar a cada país: PRESENTACIÓNS

Pero tamén quixemos indagar sobre o resto de países e por iso decidimos ir de RUTA POLO MUNDO




Unha vez feitas as visitas polos diferentes percorridos puidemos ir selando os nosos pasaportes. Ademáis, como podedes ver nas seguintes imaxes, tamén selamos as dos nosos compañeiros que demostraron estar moi atentos as nosas presentacións.


Estamos desexando continuar aprendendo sobre ASIA!