domingo, 30 de xaneiro de 2022

A EDUCACIÓN NOS DISTINTOS CONTINENTES

 O  día 24 de xaneiro celebrouse o cuarto Día Internacional da Educación baixo o lema "Cambiar o rumbo, transformar a educación". Cada curso investigou sobre a situación da educación nos diferentes continentes e países polos que estamos viaxando e recolleu a información en táboas, documentos e gráficas. O alumnado de 6º encargouse de reunir todos os datos e reflectilos nunha presentación interactiva elaborada con Genially.

martes, 25 de xaneiro de 2022

A CLASE DE TERCEIRO COÑECE O SEU DESTINO

Despois de ter descuberto que os demais cursos non atoparan dentro da maleta de PACHO o mesmo ca nós, decidimos volver a investigar a maleta, pero esta DESAPARECERA. Supuxemos que xa fora devolta a Pacho.

De volta a clase, puxemos en común todo o que recordabamos que había na maleta e fomos formando suposicións. A mestra mostrounos un mapamundi para que víramos onde estaban os lugares que aparecían nos billetes de viaxes que atoparamos na maleta e tamén trouxo un globo terráqueo en 3D para montar.

Aplazamos a montaxe, porque uns días despois apareceu na porta da biblioteca unha mensaxe moi reveladora. "A VOLTA AO MUNDO EN 160 DÍAS". Eso deunos moitas pistas.

Pacho invitábanos a recorrer o mundo durante este curso, e ao noso curso tocáballe viaxar por Asia Occidental. Así iniciamos, e pouco a pouco o noso rincón foise enchendo de obxectos e información relacionada coa nosa viaxe.

Pacho viaxara por 5 países de Asia Occidental (Rusia, Turquía, India, Qatar e Arabia Saudí) pero o alumnado quería coñecer mais países polo que decidiron que cada un investigaría un país e logo o presentarían á clase. Así foi como engadiuse 4 países mais (Nepal, Iraq, Pakistán e Israel). 





UN ALUMN@, UN PAÍS.


sábado, 8 de xaneiro de 2022

PERCORRENDO EUROPA

Durante este trimeste, na clase de 2º estivemos investigando sobre Europa, o continente no que vivimos.

O noso interese espertou grazas a Pacho e a súa maleta, que estaba chea de cousas moi interesantes, todas elas relacionadas con Europa.


Comezamos a interesarnos polos continentes e océanos do noso planeta e logo centrámonos nos países nos que Pacho estivo de visita: Francia, Italia, Reino Unido e Suecia. Aprendimos a situalos no mapa, coñecimos os seus ríos e as súas montañas, tamén cantos habitantes teñen e cal é a súa capital.

No día da discapacidade coñecimos a BEETHOVEN, un músico alemán  moi famoso que tiña unha discapacidade , era xordo!! queres coñecelo?

No mes de decembro fixemos unha exposición no corredor do cole con todas as nosas investigacións e fixemos un telexornal sobre as costumes navideñas en Europa.


martes, 4 de xaneiro de 2022

Coñecendo Oceanía

 Os nenos e nenas de 3 e 4 anos decidimos coñecer Oceanía. Para iso miramos, videos, consultamos libros,... Averiguamos cales eran as súas illas máis importantes e fixemos un bonito mural cos seus nomes.

Clicando na imaxe poderedes ver fotos do noso traballo.

Finalmente centrámonos en Australia . Aprendimos as montañas, os ríos e os desertos máis importantes de esta illa e fixemos unha maqueta para poder ensinarlla os maiores do cole e que aprendan tantas cousas como aprendimos nós.

Pinchade na foto e descubride todo o noso traballo.





luns, 3 de xaneiro de 2022

VIAXANDO ATÉ AMÉRICA DO SUR

O alumnado de 1º iniciou a súa viaxe a América do Sur.

Despois de estudar, investigar e discutir cal era o mellor medio de transporte para a viaxe, acordamos coller o avión para chegar ao continete e despois utilizar o coche e o barco.

O primeir país que visitamos foi Colombia para coñecer a Aydee Montero Ramírez e os seus cadros.

Dende este país seguiremos a nosa viaxe... aínda que antes debemos prepararnos.


 Fixemos vídeos sobre o que investigamos:

                                            Os RÍOS:


As CORDAIS:     
 


As ILLAS: