Despois de ter descuberto que os demais cursos non atoparan dentro da maleta de PACHO o mesmo ca nós, decidimos volver a investigar a maleta, pero esta DESAPARECERA. Supuxemos que xa fora devolta a Pacho.
De volta a clase, puxemos en común todo o que recordabamos que había na maleta e fomos formando suposicións. A mestra mostrounos un mapamundi para que víramos onde estaban os lugares que aparecían nos billetes de viaxes que atoparamos na maleta e tamén trouxo un globo terráqueo en 3D para montar.
Aplazamos a montaxe, porque uns días despois apareceu na porta da biblioteca unha mensaxe moi reveladora. "A VOLTA AO MUNDO EN 160 DÍAS". Eso deunos moitas pistas.
Pacho invitábanos a recorrer o mundo durante este curso, e ao noso curso tocáballe viaxar por Asia Occidental. Así iniciamos, e pouco a pouco o noso rincón foise enchendo de obxectos e información relacionada coa nosa viaxe.
Pacho viaxara por 5 países de Asia Occidental (Rusia, Turquía, India, Qatar e Arabia Saudí) pero o alumnado quería coñecer mais países polo que decidiron que cada un investigaría un país e logo o presentarían á clase. Así foi como engadiuse 4 países mais (Nepal, Iraq, Pakistán e Israel).
UN ALUMN@, UN PAÍS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario