Durante este trimeste, na clase de 2º estivemos investigando sobre Europa, o continente no que vivimos.
O noso interese espertou grazas a Pacho e a súa maleta, que estaba chea de cousas moi interesantes, todas elas relacionadas con Europa.
Comezamos a interesarnos polos continentes e océanos do noso planeta e logo centrámonos nos países nos que Pacho estivo de visita: Francia, Italia, Reino Unido e Suecia. Aprendimos a situalos no mapa, coñecimos os seus ríos e as súas montañas, tamén cantos habitantes teñen e cal é a súa capital.
No día da discapacidade coñecimos a BEETHOVEN, un músico alemán moi famoso que tiña unha discapacidade , era xordo!! queres coñecelo?
No mes de decembro fixemos unha exposición no corredor do cole con todas as nosas investigacións e fixemos un telexornal sobre as costumes navideñas en Europa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario