Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

sábado, 8 de xaneiro de 2022

PERCORRENDO EUROPA

Durante este trimeste, na clase de 2º estivemos investigando sobre Europa, o continente no que vivimos.

O noso interese espertou grazas a Pacho e a súa maleta, que estaba chea de cousas moi interesantes, todas elas relacionadas con Europa.


Comezamos a interesarnos polos continentes e océanos do noso planeta e logo centrámonos nos países nos que Pacho estivo de visita: Francia, Italia, Reino Unido e Suecia. Aprendimos a situalos no mapa, coñecimos os seus ríos e as súas montañas, tamén cantos habitantes teñen e cal é a súa capital.

No día da discapacidade coñecimos a BEETHOVEN, un músico alemán  moi famoso que tiña unha discapacidade , era xordo!! queres coñecelo?

No mes de decembro fixemos unha exposición no corredor do cole con todas as nosas investigacións e fixemos un telexornal sobre as costumes navideñas en Europa.


mércores, 22 de decembro de 2021

BOAS FESTAS!!!

Non en todos os lugares do mundo se celebra o Nadal, ou de celebralo poden facelo de distintas formas, xa que esta festividade está unida ao cristianismo. A primeira que se celebrou en América foi en 1492, debido á visita dos españois.
Algúns lugares, que están no hemisferio sur, estas festas  conmemóranas rodeados de calor e praias. 
Seguindo as distintas rutas, cada unha das aulas percorreron o Nadal, ou no seu defecto, as tradicións propias dos distintintos países visitados. Hai variedade: danzas, tradicións, explicacións do novo descuberto. Non hai desperdicio.
 
 
BOAS FESTAS E MELLOR ANINOVO!!!