mércores, 29 de xuño de 2022

EXPOSICIÓN FIN DO PROXECTO

 Para rematar o noso proxecto fixemos unha exposición con todo o traballado: FEIRATUR LEIRADO

Esta foi a escusa que precisabamos para reencontrarnos na escola alumnado, familias, veciños, amigos e curiosos. Xa ía tempo que precisabamos unha pouca de caloriña humana!

Compartimos obradoiros ofertados dende os distintos países para achegarnos ás súas costumes. 

 

Aproveitamos para sacarnos algunhas fotos diante do mapa do mundo coas bandeiras que fixemos no Obradoiro de Bandeiras.



Foi unha xornada cargada de emociós e de ledicia.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!! 

 

                               📷 ÁLBUM DE FOTOS📷

 

domingo, 19 de xuño de 2022

OBRADOIRO DE BANDEIRAS


 Xa estamos preparando a Exposición Fin do Proxecto, e tratándose de viaxes por distintos países era imprescindible confeccionar bandeiras.

Cada curso escolleu as que quería facer e comezamos o traballo.

1- Instrucións a seguir.         Lemos atentamente e comprendemos.

 

2-  Seleccionamos as teas, medimos, marcamos, cortamos, montamos e cosemos.