Amosando publicacións coa etiqueta Europa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Europa. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de abril de 2022

2º VIAXA A HOLANDA E COÑECE A VAN GOGH

Grazas a unha nova carta de Pacho, os alumnos e alumnas de 2º viaxaron a Holanda e coñeceron a Van Gogh.

Aprenderon moitas cousas da súa vida e sobretodo da súa obra:

Informáronse sobre a súa biografía.

Pintaron un dos seus cadros máis famosos: "A noite estrelada".

Debuxaron  as súas habitacións ao estilo "Van Gogh".



sábado, 8 de xaneiro de 2022

PERCORRENDO EUROPA

Durante este trimeste, na clase de 2º estivemos investigando sobre Europa, o continente no que vivimos.

O noso interese espertou grazas a Pacho e a súa maleta, que estaba chea de cousas moi interesantes, todas elas relacionadas con Europa.


Comezamos a interesarnos polos continentes e océanos do noso planeta e logo centrámonos nos países nos que Pacho estivo de visita: Francia, Italia, Reino Unido e Suecia. Aprendimos a situalos no mapa, coñecimos os seus ríos e as súas montañas, tamén cantos habitantes teñen e cal é a súa capital.

No día da discapacidade coñecimos a BEETHOVEN, un músico alemán  moi famoso que tiña unha discapacidade , era xordo!! queres coñecelo?

No mes de decembro fixemos unha exposición no corredor do cole con todas as nosas investigacións e fixemos un telexornal sobre as costumes navideñas en Europa.


mércores, 10 de novembro de 2021

ONDE VIVIMOS?

Na clase de 2º de primaria, logo de recibir a maleta de Pacho, comezamos a interesarnos polas partes do mundo. 

Desta forma descubrimos os continentes e os océanos do noso planeta: