luns, 15 de novembro de 2021

A VIAXE DE 3ºEP

O alumnado de terceiro comezou o curso sen saber cal sería o proxecto deste curso, pero foron recibindo pistas desde o primeiro día. 

Unha benvida na porta:

Unha dinámica cooperativa para coñecernos…


Fotos de países que aparecían na pizarra ambiental... Cousas así.

Ata que unha das veces que fomos á biblioteca, atopamos unha maleta e xa se montou a revolución.


As suposicións eran moitas e había que investigar un pouco mais que significaba todo aquilo, pois descubrimos despois que os outros cursos non atoparan dentro da maleta o mesmo ca nós. Por que? Alí había gato encerrado.

mércores, 10 de novembro de 2021

ONDE VIVIMOS?

Na clase de 2º de primaria, logo de recibir a maleta de Pacho, comezamos a interesarnos polas partes do mundo. 

Desta forma descubrimos os continentes e os océanos do noso planeta:







martes, 2 de novembro de 2021

 XOGAMOS COAS COORDENADAS XEOGRÁFICAS

Durante as últimas semanas, na clase de 6º aprendemos o fácil que resulta localizar calquera punto no mapa a través das coordenadas xeográficas.


Completamos un mapa de coordenadas con información e xogamos a  localizar diferentes lugares segundo a latidude e a lonxitude á que se atopen. 


Montamos un mural resumindo toda a información, que expuxemos no taboleiro da entrada.

A continuación veredes unha animación onde explicamos brevemente como orientarse a través das coordenadas xeográficas.

luns, 1 de novembro de 2021

ARRANCAMOS CO NOVO PROXECTO

 

Esta semana apareceu unha maleta na Biblioteca e segundo parece foi atopada no aeroporto de Vigo e era de Pacho.

A sorpresa foi moi grande:

- Pacho cunha maleta!!!!

Dentro atopamos obxectos propios dunha viaxe: brúxulas, prismáticos, unha carta, e unha cámara de fotos.







Tamén había un pano con pinturas étnicas, un extraño instrumento musical...

... e un mapa do mundo.










As propostas están lanzadas, agora correspóndenos a nós decidir o noso camiño.

UN NOVO CURSO, UNHA NOVA VIAXE

Benvid@s a un novo curso escolar!!

Benvid@s ao  Proxecto Documental Integrado deste curso 2021/22. Proxecto que nos levará de viaxe durante 160 días..... Tes a maleta feita?