XOGAMOS COAS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
Durante as últimas semanas, na clase de 6º aprendemos o fácil que resulta localizar calquera punto no mapa a través das coordenadas xeográficas.
Completamos un mapa de coordenadas con información e xogamos a localizar diferentes lugares segundo a latidude e a lonxitude á que se atopen.
Montamos un mural resumindo toda a información, que expuxemos no taboleiro da entrada.
A continuación veredes unha animación onde explicamos brevemente como orientarse a través das coordenadas xeográficas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario