xoves, 31 de marzo de 2022

CIDADÁS POLO MUNDO

Para conmemorar a celebración do día da muller, durante o mes de marzo tivemos a sorte de entrevistar a 7 mulleres e 1 home, todas elas viaxaron polo mundo e nos contaron a súa experiencia, contestando a todas as preguntas do noso alumnado.

Galería de fotos:


 Escoita as entrevistas:  

xoves, 24 de marzo de 2022

A MENSAXE SECRETA DE PACHO

Hoxe atopámonos cunha  mensaxe secreta de Pacho.  

Tivemos que descifrala buscando as palabras perdidas ao largo do circuito da milla diaria

Foi moi divertido!

mércores, 16 de marzo de 2022

XAPÓN CON ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado de 4º, aproveitando a súa ruta por Xapón, fixeron "Haikus" que son poemas cortos de tres versos, de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente. A súa temática versa sobre a natureza ou a vida cotiá.

 




martes, 15 de marzo de 2022

ENTROIDO: VIAXANDO POLOS DISTINTOS CONTINENTES

 Chegou o entroido ao CEIP Plurilingüe de Leirado e puidemos ver diversos disfraces relacionados coas rutas traballadas ao longo do curso: canguros, masais, rapanuis, venecianos, matrioskas,  dragóns chinos, bosquimáns e ata personaxes míticos de Norteamérica.

domingo, 13 de marzo de 2022

ENTROIDO LARPEIRO, RECEITAS DO MUNDO ENTEIRO!

 No cole de Leirado seguimos viaxando polo mundo.

 A seguinte parada foi... gastronómica!

Aproveitando a celebración do entroido, cada curso preparou unha receita típica da súa ruta e os resultados foron moi sabororos:


Aquí podes descargar as nosas receitas en formato PDF: