Desta volta, as alumnas e os alumnos do noso cole estiveron coñecendo e traballando coas LENDAS das súas rutas e crearon uns audio-libros ben bonitos.
As lendas foron gravadas na radio escolar.
E este foi o resultado final.
Benvid@s ao Proxecto Documental Integrado deste curso 2021/22 do CEIP Plurilingüe de Leirado. Proxecto que nos levará de viaxe durante 160 días..... Tes a maleta feita?
Desta volta, as alumnas e os alumnos do noso cole estiveron coñecendo e traballando coas LENDAS das súas rutas e crearon uns audio-libros ben bonitos.
As lendas foron gravadas na radio escolar.
Grazas a unha nova carta de Pacho, os alumnos e alumnas de 2º viaxaron a Holanda e coñeceron a Van Gogh.
Aprenderon moitas cousas da súa vida e sobretodo da súa obra:
Os Axudantes da Biblioteca de 5º e 6º prepararon unha lectura do libro de Julio Verne "A volta ao mundo en 160 días" da Editorial Almadraba, adaptación de Ángel Burgas.
Primeiro houbo unha preparación da lectura e posteriormente foise gravando na radio escolar, e había unha audición diaria de 5 minutos para todo o centro.
A selección deste libro debeuse a que enlaza directamente co noso proxecto, o que sería un motivo máis para aumentar a curiosidade do alumnado lector e ouvinte.